(I) Cando eu vin a muller que xa non pensaba ver nunca, logo alí me fixo máis do que me fixo cando a vin por vez primeira: levar tanto mal e tanto afán –que morrerei por causa diso, sen remedio–, cando eu antes xa levaba máis (afán e mal) que todos.
(II) E non morrín, aínda que a morte andaba atrás de min desde que eu coñecín esta muller que agora vin (oxalá non a vise!), porque de tal xeito o seu amor me ten xa fóra de min que a libero de todo canto eu lle pedía, (III) pois eu antes aínda pensaba vivir, mais sei que desde agora non vivirei, e non por outra cousa, senón porque a vin esta vez e con ela falei (oxalá non falase!), pois por ela me vén todo aquilo que eu antes temía, (IV) porque sei da miña morte que andaba comigo [...] senón agora, porque vin esta muller, e xa que eu me vou deste mundo, pésame polo que dirán: «Por que deixou así morrer a quen tanto a amaba?».
(1) E pésame, porque perderá o seu valor (todo canto Deus fixo neste mundo), pois non existía agás onde ela andaba.