(I) Cando eu pasei por Dormeá, preguntei por miña curmá, a casta e palaciana. Dixeron: «Non está aquí esa, buscádea noutro lugar, mais aquí está a abadesa».
(II) Preguntei: «Por caridade, onde neste lugar está a pureza que sempre amou a castidade?». Dixeron: «Non está aquí esa, buscádea noutro lugar, mais aquí está a abadesa».