(I) Cando Albardar fuxía de alén, Orraca Airas escondeuno moi ben, e el tal cousa lle fixo na arca (onde o escondera) que nunca outro alí esconderá: por canto alí fixo Albardar, nunca xa Orraca Airas alí outro esconderá.
(II) Por salvalo obrastes moi mal! E berrou sempre: «Non morra Albardar!». E el, ademais, fíxolle á arca tal cousa que nunca outro alí esconderá: por canto alí fixo Albardar, nunca xa Orraca Airas alí outro esconderá.