(I) Pouco vos lembra, miña señora, canto afán eu por vós levei e canta coita teño por vós e canto mal me fai Amor por vós, e non me credes a miña coita nin me socorredes.
(II) E, señora, xa perdín o siso pensando en vós, e (perdín) o sono, por causa da gran coita de vos servir, e outro moito mal me vén por vós, e non me credes a miña coita nin me socorredes.
(III) Por vós me vén o moito mal desde aquel día en que vos vin e vos amei e vos servín, vivindo en gran coita mortal por vós, e non me credes a miña coita nin me socorredes.
(1) E cometedes unha falta de mesura, porque non tendes dó de min.