(I) Porque no mundo minguou a verdade, un día empeñeime en ila buscar, e onde por ela fun preguntar todos dixeron: «Buscádea noutro lugar, pois de tal modo se perdeu que non podemos ter noticias dela nin anda xa na irmandade».
(II) Nos mosteiros dos frades de negro preguntei por ela, e dixéronme así: «Non busquedes vós a verdade aquí, pois moitos anos levamos pasados en que non morou connosco, certamente [...] e por outra cousa temos maiores preocupacións».
(III) E no Císter, onde sempre a verdade adoitaba morar, dixéronme que non moraba alí había moito tempo, nin frade de alí xa non a coñecía, nin tampouco o abade quería que fose alí na casa albergarse, e anda xa fóra da abadía.
(IV) En Santiago, estando albergado na miña pousada, chegaron uns romeus; pregunteilles e dixeron: «Por Deus, moi errado levades o camiño, pois, se a verdade quixerdes achar, convén buscar outro camiño, pois aquí non teñen noticia dela».