(I) Por canta coita a miña señora me fai sufrir, nunca eu me queixarei dela, nin é xusto (que o faga), pois fun eu quen o buscou; mais teño razón en me queixar de Amor porque me fixo amar a quen non mo ha de agradecer.
(II) E eu nunca me irei queixar á miña señora de canta coita padecín por ela nin do sono que perdín; mais sempre me hei de queixar de Amor porque me fixo amar a quen non mo ha de agradecer.
(III) Por canta coita por ela sufrín non teño razón para lle me queixar; mais no meu corazón heime queixar de Amor, a quen nunca lle merecín mal, porque me fixo amar a quen non mo ha de agradecer.