(I) Por Deus, amigo, quen ía pensar que vós en ningún momento tivésedes poder para vivir sen min por tan longo tempo! E de hoxe en diante, por Santa María, nunca debe unha muller, ben vos digo, crer moito en promesas de amigo.
(II) Dixéstesme, cando vos separastes de min: «Logo estarei aquí (de volta) convosco, señora», e xurástesme polo meu amor, e de aquí en diante, xa que cometestes perxuro, nunca debe unha muller, ben vos digo, crer moito en promesas de amigo.
(III) Xurástesme entón insistentemente que logo, logo, sen tardar, queriades voltar para xunto de min; e de aquí en diante, ai meu perxuro, nunca debe unha muller, ben vos digo, crer moito en promesas de amigo.
(1) E así o farei eu, ben volo digo, por canto vós incumpristes (as promesas) que me fixestes.