(I) Por Deus, amigo, e que será de min, xa que co rei vos ides vivir? Conforme adoitades tardarme, non encontro outro remedio, amigo, senón morrer, e despois non terei a gran coita que agora por vós teño.

(II) Ídesvos agora e tan grande afán me deixades no meu corazón que non hai outra saída para min agás a morte, porque non coñezo, en verdade, un bo remedio para iso senón morrer, e despois non terei a gran coita que agora por vós teño.

(III) Xa que vos ides, vede o que pasará, meu amigo, desde que vos eu non vir: os meus ollos non poderán durmir nin ben ningún deste mundo me axudará senón morrer, e despois non terei a gran coita que agora por vós teño.

(IV) Esta partida tan contra a miña vontade, meu amigo, será cando for; mais, xa que vos ides, amigo e señor, eu non podo facer outra cousa contra vós senón morrer, e despois non terei a gran coita que agora por vós teño.