(I) Para o meu mal tomou agora o rei (todo) de mar a mar, así Deus me perdoe, pois levou consigo o meu corazón e canto ben hoxe eu no mundo teño: se o rei non o levase consigo, estou segura de que quedaría comigo. 

(II) O meu amigo e a miña luz e o meu ben non partiría sen antes se despedir de min; e vede agora o que creo: se o rei non o levase consigo, estou segura de que quedaría comigo.

(III) Pois o meu amigo está co rei, a miña coita é tanta como debe ser: seméllame que estou preto de morrer; isto vos digo agora abofé: se o rei non o levase consigo, estou segura de que quedaría comigo.