(I) Xa que te gabas de ter xuízo abondo para trobar ben e con bos argumentos, Fernan Chancon, non precisas de facer tenzóns como un ignorante aborrecido nin de te louvares como quen se autoengana, e (non precisas de) ser apartado das palabras torpes e da arrogancia e da maledicencia, (II) porque no mozo sempre se considera como ignorancia o feito de se gabar de ter moito xuízo e coñecemento; por iso che convén a ti, que es tan novo de idade, xa que te atreves cun razoamento tan elevado, que te esforces sempre, sobre as outras cousas, por te apartares da torpeza.
(III) Non coides que obras con cordura por ires así, como un ignorante, compor ousadamente unha tenzón e (non coides) que sabes trobar, antes arriscas niso a túa reputación; por iso non te enganes nesta cuestión, mais lémbrate sempre de te afastares da loucura.
(1) E posto que noutras cousas es calmo e mesurado, non fagas tenzóns; (así) tan sequera serás louvado naquilo en que ti non arriscas.

Esta cantiga foi feita a un galego que se chufaba de trobar e non o sabía facer ben, e meteuse con Estevan da Guarda nunha cantiga a modo de tenzón, e Estevan fíxolle esta cantiga; e el andaba sempre apartado e nunca lle entendeu a cantiga nin lle soubo responder a ela.