(I) Pois as nosas nais van a San Simón de Valdeprados queimar candeas, nós, as rapaciñas, dispoñámonos a facer o camiño coas nosas nais, e elas entón queimen candeas por nós e por si, e nós, meniñas, bailaremos alí.

(II) Os nosos amigos irán todos alá por vernos, e nós andaremos bailando ante eles, fermosas, en camisa; e nosas nais, xa que alá van, queimen candeas por nós e por si, e nós, meniñas, bailaremos alí.

(III) Os nosos amigos irán para apreciar como bailamos e alí poden ver bailar mozas de moita fermosura; e nosas nais, xa que alá queren ir, queimen candeas por nós e por si, e nós, meniñas, bailaremos alí.