(I) Pois anda buscando o xeito de me impor unha carga económica cos seus enganosos argumentos e me quere causar moito prexuízo, por iso, antes de que mo cangue, quérolle eu deitar, da forma que sexa, o visgo a don Macia.
(II) Xa que me tenta con tal proba, para a que xa me estivo esperando, eu, como home de bo xuízo, en véspera de Ano Novo, quérolle eu deitar enriba, da forma que sexa, o visgo a don Macia.
(III) E xa que el, de primeiras, quere levar de min o meu diñeiro como un teimoso xudeu en véspera das dádivas polas festas de xaneiro, quérolle eu deitar enriba, da forma que sexa, o visgo a don Macia.

Esta cantiga foi feita a un escudeiro de nome Macía, que era escudeiro do Mestre da Orde de Alcantara e que viñera a audiencia do rei coas súas propostas, e dáballe a entender (ao rei) que gañaría do Mestre de Alcantara un beneficio moi grande, e el mentíalle, para tirar algún beneficio del.