(I) Pero Lourenço, mercastes unhas casas e fixestes moi mal negocio, aínda que as examinastes antes; e, por Deus, por iso vos enganastes vós, porque non as vistes ben.
(II) Pois alí non vos deron horta, xa vos vexo eu hoxe morto e enterrado; mais recibo consolo de vós, por unha cousa que se volve contra vós, porque non as vistes ben.
(III) Se vós, como home cabal, examinásedes ben as paredes e o teito, seríavos de gran proveito, na miña opinión; aturade o despeito por iso, porque non as vistes ben.
(IV) Pois alí non vistes cortiña, nin pazo nin cociña, arrepentístesvos axiña; mais agora, de que vos vale? O feito feito está, porque non as vistes ben.