(I) Pero d’Ambroa, sempre ouvín cantar que nunca vós navegastes de modo que tivésedes medo en ningunha ocasión, e (ouvín cantar) que sodes tan valente que tanto vos ten que faga bo tempo como mao ou que faga bonanza, nin nada vos importa unha tormenta no mar.
(II) Ademais, xa por quebrar a nave, aquí non vos preocupades nada polo mar como aos outros que alí van entón; por iso pensan que non merecedes unha indulxencia tan grande como os que van na frota e se deitan con medo na bodega cando albiscan tormenta no mar.
(III) E nunca ouvimos falar doutro home que non temese o mal tempo do mar, e por iso pensan cantos aquí están que vosa nai vos tivo con algún cazón, certamente, ou cun lumbrigante: e todos pensamos isto porque non temedes nada a tormenta do mar.