(I) Por propia experiencia coñezo o poder que Amor ten sobre aqueles que ten no seu poder, porque el me fai vivir tan coitado que xa hai moito que (eu) tivera o desexo de que me matase; mais, por me deixar vivir en coita, non me quere matar.
(II) Porque eu sei que el fai outro tanto aos outros que ten en seu poder como me fai a min, por iso me fora ben, abofé, desde que o comprendín, que me matase; mais, por me deixar vivir en coita, non me quere matar.
(III) Porque sei ben que nunca por el recibirei dela ningún pracer nunca, por iso querería, así Deus me perdoe, por isto que sei, o que vos digo: que me matase; mais, por me deixar vivir en coita, non me quere matar.