(I) Polo souto de Crecente vin andar unha pastora moi afastada da xente, cantando en alta voz e apertando contra si o vestido, cando raiaba o sol nas ribeiras do Sar.
(II) E as aves que voaban cando saía a alborada, todas de amores cantaban polas ramas de arredor; mais non sei de ninguén que se (alí) estivese puidese pensar noutra cousa agás no amor.
(III) Alí estiven moi quedo, quixen falar e non me atrevín, aínda que dixen con moito temor: –Miña señora, falareivos un pouco se me escoitardes e ireime cando me mandedes, máis aquí non ficarei.
(IV) –Señor, por Santa María, non fiquedes máis aquí, mais seguide o voso camiño: obraredes así con cortesía, porque os que aquí cheguen, ao vos acharen aquí, dirán que houbo algo máis (que unha conversa).