(I) Separeime eu de vós unha vez aquí, miña señora, contra a miña vontade, e na terra onde eu vivín andei sempre tan a desgusto que nunca eu puiden encontrar gozo de nada onde non vos vin.

(II) Na terra onde (Deus) me fixo morar moito tempo sen vós, miña señora, Deus fíxome chorar dos meus ollos e fíxome tan coitado andar que nunca eu puiden encontrar gozo de nada, onde non vos vin.

(III) E desde que eu me separei de vós fíxome sempre Noso Señor ter moi grande afán, certamente, e sempre andei tan coitado que nunca eu puiden encontrar gozo de nada, onde non vos vin.

(1) E non podería, onde vos eu non vise, encontrar gozo.