(I) Está agora disposto que o Zevrón me encontre: non anda a cabalo nin trae tampouco sela moi grande nin sela normal, pobre de min, nin lle ouvirei o son, pois xa non trae a sela de que se riu a bela, a sela remendada (con canterlas) que renxeu na ciada.
(II) Váleme, Santa María, xa que non ouzo a sela, a que soía renxer ao lanzar o pau; haberíame de matar un día ou el ou Airas Louço, pois xa non trae a sela de que se riu a bela, a sela remendada (con canterlas) que renxeu na ciada.