(I) Do que soía por vós morrer, miña filla, din que xa non morre así, e eu morro, filla, porque tal ouvín; mais se o queredes ver morrer, dicide que morre por vós alguén e veredes (un) home morrer por iso.

(II) O que, miña filla, por vós morría, como nunca vin ningún home no mundo morrer por unha muller, xa non quere morrer; mais, se queredes que morra por vós, dicide que morre por vós alguén e veredes (un) home morrer por iso.

(III) O que por vós morría, miña filla, de amor non morre nin quere pensar niso, e morro eu por iso, miña filla, con pesar; mais, se queredes que morra de amor, dicide que morre por vós alguén e veredes (un) home morrer por iso, (1) pois, se souber que por vós morre alguén, morrerá, filla, queréndovos ben.