Esta cantiga foi feita a un comendador que tivera unha discusión con este escudeiro que lle fixo esta cantiga, porque o Mestre se viñera queixar del ao rei e fíxolle perder a terra que recibira del e que se chamaba Pavia.

(I) O que xa está nas últimas, que me fixo perder Pavia, e de quen eu non me fío nada, aínda outra cousa me fixo coa súa teimosía: de noite, cando ía moito frío, que non tivese nin para quentar a tixola, mais aínda eu me río diso como el nunca se ha rir.
(II) Non lle agradezo nada a quen lle deu tan gran renda, porque eu del non me podo defender nin sei de quen me defenda; e xa que eu non rectifico nin me recompensa doutra maneira, ao demo o encomendo para que o teña na súa encomenda (no inferno).
(III) Pénsame deitar para o monte, mais o que del máis me mata é que na miña ruína fai niso un gran negocio [...] mais o de que eu me decato: de que o rei me aprecie non se preocupa.
(IV) Di que viu na pá (da man) que me há de axustizar, e por iso dá canto ten, e dá a miña terra de labor; mais xa que eu non acho saída para o meu caso, oxalá sempre lle vaian mal os seus asuntos e a el lle vaia moi mal.