(I) O demo levoume hoxe á porta dun cabaleiro por saber unhas novas, e o porteiro foille dicir que eu querería xantar, e el veu de volta logo con dous cans grandes que traía, que na porta me houveron de matar.
(II) E el comezaba a encirralos desde detrás da porta dun seu celeiro, un can moi grande negro e outro pinto; e comezaban a botarse a min en cima da besta en que ía, e eu xurando: «Por Santa María, queríavos preguntar por unhas novas».
(III) Tres grandes cans había no lugar, mais non saíu o gran fareleiro; pero por nada pensei escapar dos dous que saíron primeiro; aínda que xuraba que non quería baixar da egua alí, tanto me valía como se dixese: «Alí quero entrar».
(1) E dixen eu logo, cando de alí me ía: «Sei eu que así me convidaría o cabaleiro vilán na súa casa».