(I) O anel do meu amigo perdino baixo o piñeiro verde, e choro eu, bela!
(II) O anel do meu amado perdino baixo o verde ramo, e choro eu, bela!
(III) Perdino baixo o piñeiro verde e por iso choro eu, doncela, e choro eu, bela!
(IV) Perdino baixo o verde ramo, e por iso choro eu, señora, e choro eu, bela!