Fixo esta outra cantiga a Afonso Eanes do Coton. Foi de mal dizer moi vistoso onde mostraba, falando mal de si, as mañas que o outro tiña; e di así:
(I) Noso Señor, que coitado eu ando por culpa destas mañas que me destes! Son un gran puteiro contumaz e gústame moito xogar os dados; ademais, tamén me agrada moito facer vida por estas rúas, vivindo apartado (lonxe da xente de ben).
(II) Eu ben podería, se fose infeliz, ter boa reputación e ser honrado, mais síntome orgulloso deste foder vil e destas tabernas e deste beber; e xa que eu nunca poderei valer nada, quero andar por onde poida vivir pracenteiramente.
(III) E, como eu entendo que non vallo para nada nin podo esperar ningunha outra cousa boa, non quero perder esta foda, nin estas putas, nin estas disputas; nin quero ir ás fronteiras (da guerra) perdendo así a boa vida e levando grandes traballos.
(IV) Aínda tiña eu outros costumes por que non podo valer moito: nunca vos entro na casa de xogo que non arme alí algunha liorta pola cal despois me vexa nun grande apuro e teña que fuxir e refuxiarme na casa de putas.
(1) E despois, cando me vexo no meu solaz, merendo axiña e despois voume en boa hora, e deixo alí as putas a falar ben de min e das miñas mañas e do meu atrevemento.