(I) O natural dos animais irracionais que son dunha mesma especie é teren crías, mais, por estaren condicionadas polo seu instinto, vexo agora unha circunstancia estraña que nunca pensei que vise: que a camela empreñase dun castrón e parise.
(II) Os que son da mesma especie xúntanse en certas épocas do ano e reprodúcense; mais vexo unha criatura onde eu nunca a pensei ver, e por iso me marabillo de que un castrón, de forma natural, teña un fillo coa camela.
(III) Os que son pola súa natureza corpos dunha mesma semellanza xúntanse e teñen descendencia –isto é o que responde á orde natural–; mais na miña vida pensei que unha camela se xuntase cun castrón e empreñase e, ademais, parise un fillo del.