(I) Moitos deducen hoxe, do meu trobar, que non mo fai facer ningunha dona, e ben o poden así pensar. Mais a dona que eu nunca vin mellor falar e a máis fermosa (é a que) a min mo fai facer, abofé.

(II) Mais Deus (a quen se nada pode ocultar) sabe que, aínda que mo fai facer de modo que non o saiban, nin tampouco (ela) ten o poder de o saber, nin eu podo hoxe imaxinar que eu lle puidese dicir o pesar que teño, aínda que moito o quixese facer, (III) porque eu sempre me souben precaver moi ben, grazas a Deus, de facer saber a verdade sobre isto a ningún home ou muller; e que Deus nunca me deixe achar ben se me eu non quixese agora matar antes que (querer) a ela facer máis que isto.

(IV) E vede o que me fai así evitar facerlle (a ela) máis do que isto: porque o fago (así), pódoa ter (por señora) e vivir con ela na terra (onde a podo ver), e isto eu non podería levalo a cabo se non fose por isto que me fai facer.