(I) Morro eu aquí da peor fame, e din que morro de amor, e sentiría un gran pracer de comer se tivese pan; e, amigos, direivos outra cousa: morro eu do que en Portugal morreu Don Ponço de Baian.
(II) E todos cantos a min me dixeron isto, que de amor non podo comer, déalles Deus un desexo diso tan grande como o que eu teño, e verán que sofre unha gran coita por comer quen non pode ter diñeiro con que compre alimento e non llo dan.