(I) Meus amigos, despois de me Deus mostrar a miña señora, que amo moito, trobei eu sempre polo seu amor, e o meu trobar nunca me valeu de nada contra ela, mais vede o que farei: xa que de nada me vale trobar pola miña señora, de hoxe en diante quero deixar o trobar (II) e buscar, se puider, outra vía pola que poida servir esta dona; e verei se me fará sequera algún ben polo que poida afastar as grandes coitas do meu corazón; e sei que así me aconsellará o meu amigo que me aprecia moito, (III) pois doutro xeito non podo ter remedio para isto, por esta razón: porque, amigos, estou preto da morte se Noso Señor non me socorre nesta causa, mais gústame a morte, abofé, pois, se morrer, dirán que me matou a mellor dona que eu nunca vin.