(I) Meu señor, direivos agora, polo camiño de Mora, onde vós xa pasastes a noite ao ar libre xunto cos de Toro, que, aínda que alguén se lamenta, traio eu o ouro e o mouro.
(II) Aínda que non vos custou nada a miña ida nin a miña volta, grazas a Deus, coa miña espada e co meu cabalo louro, da cidade de Granada, ben traio eu o ouro e o mouro.
(III) Meu señor, que vos parece do que se pon á par de vós e vos anda rosmando na orella como un abesouro? Don Roi Gomez de Telha, traio eu o ouro e o mouro!