(I) Meu amigo, vós morredes porque non vos deixan falar comigo, e eu morro, amigo, por vós, e, pola fe que nos obriga, algún remedio encontremos antes de que así morramos.
(II) Ambos morremos, sen remedio, por canto nós non podemos falar, e, xa que morremos, amigo, así Deus nos valla, algún remedio encontremos antes de que así morramos.
(III) Teño unha queixa moi grande de miña nai porque nos anda vixiando, e morremos aí pensando (un no outro): ai meu amigo e miña luz, algún remedio encontremos antes de que así morramos.
(1) E por que o non facemos posíbel, xa que tanto nos desexamos?