(I) Martín Vásquez o outro día, cando estaba en Lisboa, mandou que lle fixesen unha gran coroa na cabeza, pois viu por astroloxía que obtería unha igrexa grande tal como el a desexa, de mil libras de renda.
(II) E di que viu nunha estrela, aínda que a non reclame, que terá unha igrexa moi grande, non unha igrexa moi pobre, pois unha pequena non lle interesa, xa que acha unha loucura ter que atendela (unha igrexa mísera).
(III) E di que viu na lúa que sen dúbida terá unha igrexa de renda moi grande e non pequena e desprovista; e, porque lle vai tardando, vaise el queixando moito porque non lle dan ningunha.
(IV) El identificou na esfera cal é o planeta certo que lle outorga sen dúbida [...].

Esta cantiga escrita en cima, que comeza «Martin Vaásquez, no outro dia», fíxoa o Conde a un xograr de nome Martín Vaásquez; e este gabábase de que sabía moito de astroloxía mais non sabía nada de tal cousa. E entroulle o capricho de que había de ter unha igrexa de mil libras ou de mil cincocentas; e mandou facer a coroa (no cabelo) e cortou a barba e foise a alén Douro, e non recibiu nada. E o Conde fíxolle esta cantiga.