(I) Maria Negra é desafortunada por querer comprar tantas pixas, pois na man non lle queren durar e así lle morren á malfadada. E esfolou un carallo grande que comprou onte ao serán, e xa ten coa doenza do mormo outra pixa.
(II) E ela xa se tornou pobre comprando pixas, vede que má sorte: pixa que compra pouco lle dura desde que a mete na pousada, porque lle convén que morra alí entón de pulmoeira ou de torcillón, ou á forza fica alí augada.
(III) É moi prexudicada pola sorte, por perder tantas pixas no ano, que compra caras, porque logo lle van morrer; e isto é pola casa mollada en que as mete e mais na corte; e pois lle morren, a vella adoecida polas pixas esrará deitada na terra.