(I) Mestre, todos os vosos cantares sempre collen algo dalgún argumento alleo e, ademais, tamén me collen a min a melodía, e non imitades outros millares, senón estes da materia de Cornoalha; mais estes imitádelos moi ben, certamente, e non vin outro trobador andar por tantos lugares.
(II) De amor e de escarnio en todos os temas os imitades sempre –seino eu, con boas probas–, que os collestes alleos, porque, se tamén seguísedes outras melodías, non trobariades peor por iso; mais imitades os nosos moi ben e xa este ano fixestes aquí tenzóns (III) sobre o tema dun escarnio que copiastes e non o metestes escondido, pois ese motivo sobre o que aí trobastes era algo de Pedr’Agudo; mais de tal forma o soubestes vós colocar entre unhas rimas e entrelazar, que vós o tornastes todo voso.
(1) Con mestría soubestes saber facer voso o motivo alleo e imitar melodías a que vós vos botastes.
(2) E gran esforzo fixestes, certamente; mais os trobadores han de vos criticar algo polos tempos musicais, que non concordastes ben.