(I) Mestre Acenço, obraría con xustiza o rei se vos dese unha moi boa paga porque o outro día realizastes unha cabalgada a Roda, sen que el o mandase: sen a súa axuda e sen o seu diñeiro fostes alá matar un cabaleiro porque soubestes que non o servía.
(II) E se o rei estivese ben aconsellado, mestre Acenço, no tocante a estes diñeiros que o demo lle leva en pagar cabaleiros, repartiríaos convosco, de boa vontade, pois non houbo outro tal que entrase en Roda e que matase un cabaleiro da vila, agás vós, que iades desarmado.
(III) E polo servizo que lle fixestes, mestre Acenço, non vos preocupedes: tornade alá e faredes ben, e matade outro cando virdes a ocasión, pois se o rei coñece a vosa petición e consegue a calma mesta contenda en que anda, logo seredes feito arcediago.
(IV) E dixo o rei, estando noutro día onde lle falaron da vosa situación, que vos quere dar Ardón en encomenda porque din que sodes do seu bando; mais se alí vivise algún home débil, levade un gran saco dos vosos pos, e así háselle ir librando (deles) o castelo.