Don Fernan Paez de Talamancos fixo este cantar de mal dizer a un xograr a quen chamaban Saco, que era moi feo; e por iso lle trobou que máis axeitado era para el ser «saco» ca «xograr»
(I) Xograr Saco, eu coido que non tiña razón quen vos chamou xograr e vos remunerou: máis axeitado sería chamarvos saco e non xograr. Así Deus me ampare, o voso nome dirá quen vos chame saco e non xograr.
(II) Rodrigo Airas volo dixo e fixo unha insensatez, xa que vós non tocades a cítola nada de nada: tende por nome Saco, e estará ben. Así Deus me ampare, o voso nome dirá quen vos chame saco e non xograr.
(III) Quen vos chamar Saco agradaranos a nós, e dirávolo axiña quen vos vir en roupa interior traer eses nadegóns atrás de vós. Así Deus me ampare, o voso nome dirá quen vos chame saco e non xograr.
(IV) Quen vos chamou xograr certamente mentiu, pois eu vexo que non vos ouviu tocar a cítola nin viu os vosos nadegóns. Así Deus me ampare, o voso nome dirá quen vos chame saco e non xograr.