(I) −Joán Soárez, comecei agora a facer un cantar, vede por que: porque achei un bo motivo para trobar, pois vexo aquí un xograrón que nunca pode cantar unha melodía nin tampouco a pode interpretar na cítola.
(II) −Joán Pérez, eu vos direi por que o fai, na miña opinión: porque bebe moito, seino ben, e come e fode e despois non pode falar; e por esta razón canta el mal, mais un pagamento equivalente debe el levar de vós.
(III) −Joán Soárez, non me sabedes responder ben a isto: el non canta mal por beber, sabédeo, senón por unha cousa: porque desde que comezou a cantar, sempre cantou mal e cantará mentres viva.
(IV) −Joán Pérez, por maledicencia vos foi alguén dicir iso, pois polo viño e por foder perdeu el o cantar e o siso; mais ben entendo que alguén o quixo pór a mal convosco e lle buscou o mal, porque vos fixo crer iso.
(1) −Joán Coelho, el pagouvos o outro día cando chegou, pois falades tan ben del.
(2) −Joán Pérez, en calquera momento vos dou canto me deu e me mandou e canto despois me há de dar.