(I) Joán Rodríguiz, vexo que vos queixades [...].

(II) E como home que quere maltratar os seus vasalos naturais, non o intentedes sequera, pois non son máis de dous, e habedes ficar sen eles de tanto os afrontar; e sobre isto vos digo eu outra cousa: destes dous, o que deles menos vale causaravos unha gran perda se o perdedes.

(III) E se queredes seguir o meu consello, crédeme agora, resultaravos ben: nunca os afastedes moito de vós, pois non podedes achar outros tales que non coñezan quen sodes nin como; e se vos falta un destes dous, que minguado vos sentiredes por iso!