(I) Joan Garcia de tal maneira se gabou e presumiu de que daba prendas e de que trobaba por damas moi boas; e ouvín ao meiriño queixarse por iso e dicir que, se Deus quixer, fará que quen non teña coñecemento de trobar non trobe por damas da alta nobreza nin por fidalgas.
(II) E o outro día ouvín unhas damas plebeas e outras de baixa condición queixárense por iso, e díxolles o meiriño: «Señoras, non vos queixedes, porque, se eu volto, farei que ningún trobador trobe agás no rango social a que pertenza, nin trobe por persoas de máis alta condición», (III) porque o rei, que está moi incomodado por iso, manda que troben os mellores trobadores polas señoras de máis alta e de mellor condición, e considera que iso é o razoábel e de proveito; e o cabaleiro de baixa condición que for trobador trobe, mais que chame «señora» a unha muller de condición (tamén) baixa, e desa maneira axustaranse os casos ao dereito.
(1) E o plebeo que souber trobar, que trobe e chame «señora» á súa muller, e terá cada un o que lle corresponde por dereito.