Fixo estoutra cantiga de escarnio a un que chamaban Joán Fernándiz e parecía mouro e facíanlle burla por iso.
(I) Joán Fernándiz, un mouro anda aquí fuxido e din que o tendes vós; e facede agora isto por min, así Deus vos valla: escondédeo, porque volo han ir roubar da pousada, e se vós vísedes que vos agarrasen o mouro á forza, sei eu de vós que vos enfadaredes moito.
(II) Levade o mouro e ídevos de aquí, xa que non o queredes entregar ao seu dono, e eu xurarei que non volo vin, con tal de que vós co mouro escapedes, pois temo moito que vos vaian atacar; e antes prefiro cometer perxuro por vós a que por un mal mouro vós pelexedes.
(III) Mesmo vos ameazan agora aquí por este mouro que traedes convosco, e xuran que se vos achan o mouro así escondido como escondedes este, se o quixerdes defender un pouco, volo irán mutilar por debaixo do manto, de tal xeito que sempre vos lamentaredes por iso.