(I) Joán Fernándiz, mentres eu comparta convosco este amor que hoxe vos teño, nunca vos ocultarei unha cousa tal como a que escoito dicir por esta terra: din que, canto máis foder pode, fode o voso mouro a vosa muller.
(II) Aínda que este mouro fose meu, teríame eu por desleal, Joán Fernándiz, se vos ocultase cousa tal como a que din que vos fai: arteiro, tal como vós xacedes, xace coa vosa muller, e iso paréceme mal.
(III) E direivos todo canto vimos nós: vimos o voso mouro coller a vosa muller, e foina deitar no voso leito; e aínda vos direi máis sobre o asunto: por todo canto eu sei e percibín do mouro, fódea como a fodedes vós.