(I) Joán Fernández, o mundo está revolto e, certamente, pensamos que quere finar: vemos o emperador levantado contra Roma, e os Tártaros viren, e tamén vemos aquí pedir dádiva, Joán Fernánde, o mouro cruzado.
(II) E, por Deus!, sempre isto foi profetizado, cinco os sinais da fin: estar o mundo así como está revolto e tamén tornarse peregrino o mouro, Joán Fernández, crédeme isto a min, que son home moi sabio.
(III) E se o Anticristo non tivese nacido, non acontecería isto que acontece, nin nada confiaría o señor no criado nin o criado no señor, nin tampouco iría a Xerusalén, Joán Fernández, agás bautizado.