(I) Martín Vaásquez perdeu xa a fe na astroloxía, en que antes moito confiaba, polo grande engano dos planetas, do que tivo un gran prexuízo, porque o fixeron ordenar sen beneficio, por unha igrexa que non lle queren dar e polo que lle é prohibida a xograría.
(II) E por isto, polo que el vivía antes, lle é prohibido desde que foi ordenado, de agora en diante perdeu a esperanza de obter beneficio do oficio e da clerecía; e os planetas tornárono louco, sen igrexa nin capela de proveito e sen o oficio de que se mantiña.
(III) E xa bo grado renunciaría el ás súas ordes, polo que eu puiden saber, con tal de lle non ser vetado o seu oficio e tamén por non ficar en tan má situación como é ficar por iluso coroado e, o que é peor, perder o proveito do oficio que tiña.
(IV) E na coroa (de clérigo), que quería ocultar, deixa crecer conscientemente o cabelo e ás veces cóbrea cun capuz, o que el antes moi a desgusto faría; mais de si, cando perdeu a esperanza nos planetas, logo entendeu que da coroa (de clérigo) non tiraría bebeficio.
(1) E no seu libro, polo que aprendeu astroloxía, logo alí prometeu que nunca máis estudaría por el.
Estas cantigas de cima foron feitas a un xograr que se chufaba de astrólogo e non sabía nada; e foise tonsurar e facer a coroa (de clérigo), dicindo que conseguiría unha igrexa, e ao cabo ficou tonsurado e non conseguiu a igrexa; e fixéronlle estas cantigas por iso.