(I) Irvos queredes, miña señora, e fico eu por iso con gran pesar, pois nunca souben amar outra cousa agás vós, desde que vos vin; e, xa que vos ides de aquí, señora fermosa, que farei?

(II) E que farei eu, cando non vexa a vosa fermosura? Non poderei eu vivir máis se Deus non me vale contra vós; mais dicídeme tamén vós outra cousa: señora fermosa, que farei?

(III) E rogo eu a Noso Señor que, se vos fordes de aquí, me dea morte por iso, pois moi necesaria me será; e se El non ma quixer dar, señora fermosa, que farei?

(IV) Xa que así me forza o voso amor e non me atrevo a vivir preto de vós, despois de me afastar de vós, eu, que non sei amar outra cousa, quería saber de vós, señora fermosa, que farei?