(I) –Querédesvos ir, amigo? Pois volvede moi cedo! 
–Ai miña señora, teño moito medo de tardar, dígovolo en verdade, que nunca tan cedo virei que non pense que moito tardei!

(II) –Amigo, prégovos aquí que veñades moi axiña! 
–Señora, por que me rogades? Porque sei ben que será así: que nunca tan cedo virei que non pense que moito tardei!

(III)–Amigo, será para o voso proveito, xa que vos ides, que non tardedes. 
–Señora, que proveito me ten xurar? Pois sei ben o que me acontecerá: que nunca tan cedo virei que non pense que moito tardei!

(1) E, señora, sempre pensarei que tardo moito, e que farei? 

(2) –Meu amigo, diréivolo eu: se así for, agradeceréivolo!