(I) Un día o xograr Lopo foi cantar á casa dun infanzón e el mandoulle dar como pagamento tres couces na garganta, e foi mesquiño, ao meu parecer, segundo como el canta.
(II) Mesquiño foi o infanzón ao repartir os seus couces como recompensa, pois non lle deu a Lopo entón máis de tres na garganta, e máis merece o xograrón, segundo como el canta.