(I) Vin eu cantar moi ben a Fernando Escallo —poucos outros vin cantar mellor— e sempre lle vin, mentres el foi novo, ter moi boa voz e cantar moi ben; mais tamén vos direi por que o estragou todo: tivo ganas de foder e fodeu, e estragou todo o cantar por iso. 
(II) Non se privou de foder, e cometeu o peor erro que podería cometer; e por iso a xente o odia, porque por falta de xuízo perdeu a boa voz que tiña, unha voz en falsete que se lle estragou porque fodeu tanto que lle enrouqueceu a voz, e agora xa non canta ben, (III) porque a don Fernando así lle aconteceu: perdeu por unha vileza aquela moi boa voz que adoitaba ter, pois fodeu mozo e xa non canta así; tamén fodeu despois moi grande escudeirón, e ficou, Deus me perdoe!, coa peor voz que nunca ouvín. 
(1) E agora moi grande infanzón quere foder aínda, pois non houbo tempo en que máis quixese foder, desde que eu o vin.