(I) Deixei a Fernando Escallo moi doente con mal de ollo, a sufrir tanto que penso que non se recuperará, a xulgar polo que eu lle vin hoxe, pois vin que tiña un gran mal de ollo, e non creo que poida saír con vida deste mal de ollo, tan adoecido está.
(II) E díxolle o médico: «Durmistes con este ollo mao e por iso, don Fernando, non sei se vós ouvistes o dito: “A quen non é precavido, non o respectan nada”; por iso vos quero dicir unha cousa: será algo extraordinario que saiades indemne deste ollo mao vello que tendes, (III) pois eu ben sei que vós tendes mal de ollo mesturado con gran catarro, e deste mal non vos poderedes librar tan cedo, e direivos por que non: porque vós queredes foder e durmir; por todo isto sodes mao de curar deste mal de ollo vello que tendes».