Fixo esta cantiga sobre como respondeu un escudeiro que non era fidalgo abondo e quería ser cabaleiro, e el non o consideraba conforme á lei; e dixo así:

(I) −Escudeiro, xa que queredes ser armado cabaleiro, dicide agora con quen comedes.
Don Fernando, e comerei só, que así o fixo sempre meu avó.
(II) −Xa que tanto desexades ser armado cabaleiro, buscade antes con quen comades. 
Don Fernando, e comerei só, que así o fixo sempre meu avó.