(I) Nunha demanda que Don Fulano ten cun mestre (de leis) ten un gran problema, e o mestre presupón que o dereito está tan contrario (á súa parte), por canto eu vin, que, se non lle axuda outro aí, o mestre perderá o caso.
(II) Mais, se decae, quen será o que xustiza ou razón ou defensa irá procurar en tal mestre, que non se dá axudado a si mesmo no seu propio caso, senón que levará, polo que ouvín, quen lle sosterá o dereito? (III) Porque o mestre entende xa que, se decaer, lle será un prexuízo moi grande entre os que son letrados, de modo que sentirá moita vergoña por errar o dereito así; e quen o vir desde entón o terá por desgrazado.
Esta cantiga de cima foi feita a un mestre de leis que era tolleito dunha perna e coxeaba moito dela.