(I) Álvar Rodríguiz non pode tirar proveito dunha gran viña que ten en Valada, sabede por que: porque el nin sequera se preocupa de a cavar no seu tempo; e a maior parte dela está sen adubar, aínda que ten a (cepa de uva) mourisca podada.
(II) El pensa por iso que a ten ben adubada porque lla podaron, o que é un disparate, porque lle quedou tan escaso o capio que a cepa non pode agromar ben, porque a mandou podar en tal tempo que xa para sempre lle ficou decepada.
(III) Se finalmente non fose replantada non poderá ter ningún beneficio dela, pois por alí por onde a fixo cortar xa a póla da vide está a pique de secar; e máis valería xa para queimar que para estar así como está mal traballada.