Pero Garcia fixo estas cantigas, e son de escarnio e de mal dizer.

(I) Estou marabillado dunha cousa que nunca vin acontecer a outro: de Pero Boo, que era rexo e ben novo para poder seguir vivindo, e caeu doente e non se confesou, e agonizou e exhalou o último suspiro, e ficou abandonado canto tiña.
(II) Aínda que tiña un fillo con barba dunha barragá, non o viu recibir (a herdanza), porque a agonía o tivo tan aflito que de ningún modo o puido recibir e non lle deixou nada do seu, e el expirou moi axiña, e o seu fillo ficou infeliz, após seu pai expirar. 
(III) A pesar de que, tan pronto como se viu coitado ao sentir a lanzada da agonía el mandou logo que o seu fillo fose chamado porque lle quería deixar o diñeiro que tiña e a súa herdade, o fillo tardou, e entrementres expirou, e o seu fillo ficou moi mal, pois ficou desherdado.